A Garda Civil recupera un canón de bronce do século XVI expoliado hai dúas semanas en Ribeira

remitida

A Garda Civil, nunha investigación conxunta levada a cabo pola Policía Xudicial de Noia e a Sección de Patrimonio Histórico da Unidade Central Operativa ( UCO), recuperou un canón do século XVI que fora expoliado en Punta Espiñeirido en Corrubedo.

A investigación iniciouse despois de que, o pasado 14 de abril, os axentes tivesen coñecemento do achado casual de tres canóns aparentemente de bronce por parte de mariscadores da zona, así como da desaparición dun deles cando, ao día seguinte, autoridades da Xunta apoiadas pola Armada puideron recuperar só dúas deles.

As primeiras actuacións levadas a cabo centráronse na existencia dun vídeo no que aparecían as imaxes do canón sendo expoliando cando aínda se atopaba mergullado.

Este feito, xunto ás contradicións do relato ofrecido por algúns dos investigados e a denuncia da Xunta, fixo posible que a Garda Civil fose identificando a quen podería participar na desaparición do canón, ademais de esclarecer onde se atopaba.

Finalmente, conseguiuse recuperar esta valiosa peza que, probablemente, foi reflotada a mesma noite da súa localización e que finalmente foi entregada por algúns dos investigados no Posto Principal da Garda Civil de Boiro.

En coordinación co Servizo de Arqueoloxía da Xunta, decidiuse trasladar o canón ao Museo do Mar de Vigo, onde se iniciarán os traballos para tratar de estabilizar o metal do que está composto. (A)