A Fundación Celta organiza o seu Campus de Verán en Ribeira do 16 ao 20 de agosto

24 Maio 2021

A Fundación Celta volveu a incluír A Fieiteira (Ribeira) entre as sedes deportivas dos seus Campus de Verán. A rapazada poderá gozar desta experiencia entre os días 16 e 20 de agosto. Haberá descontos para os xogadores dos clubs do concello de Ribeira. A cota de inscrición inclúe unha camiseta, un pantalón e un par de calcetíns Adidas de adestramento do RC Celta e inscribíndose antes do 4 de xuño as e os participantes recibirán unha 2ª camiseta. Máis información sobre datas, instrucións para a matrícula e emprazamentos na web da Fundación Celta.

Que é o Campus de Verán da Fundación Celta?

É unha actividade lúdico-deportiva organizada pola Fundación Celta durante o período vacacional do verán, que utiliza a práctica do fútbol como fío condutor para cubrir unha serie de obxectivos. Por exemplo: practicar unha actividade física ao aire libre que permita aos novos deportistas relacionarse con outros deportistas, mellorar as súas habilidades futbolísticas principais utilizando a metodoloxía de adestramento RC Celta ou, tamén, reforzar unha formación integral básica que lles permita desenvolverse como persoas (referente a valores, hábitos saudábeis, comportamento, etc).

O campus está dirixido a nenos/as entre 4 e 16 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...