A economía circular centrou unha xornada no Casino de Noia

31 Maio 2021

A pasada semana, o venres, celebrouse en Noia un encontro para compartir experiencias e coñecemento arredor do que se coñece como sustentabilidade: novos (pero antigos) xeitos de producir e xerar riqueza e emprego ao tempo que se coidan os recursos naturais e o medio ambiente da nosa contorna.

Resultado da recuperación destas fórmulas que até hai ben poucos eran as propias dos nosos concellos: o proceso de xeración de riqueza e emprego mantense no tempo.

Na Xornada de Bioeconomía e Economía Circular, celebrada no Casino de Noia, interviñeron María Sagrario Pérez Castellanos, directora xeral de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda na Xunta de Galicia; Margarita Fraga, quen forma parte do equipo de desenvolvemento do proxecto Circular Labs; Sergio Arranz, educador social e especialista en innovación social e intervención comunitaria; e Óscar Vales, creador da marca de roupa sostible Vazva e membro da plataforma We Sustainability.

A xornada estivo presentada e moderada pola investigadora e profesora da Universidade da Coruña, Iria Caamaño, e contou tamén coa participación do alcalde noiés, Santiago Freire.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...