A Deputación da Coruña e os nosos concellos dan o empurrón definitivo ao proxecto do Parque da Idade de Ferro

10 Maio 2021

Os nosos concellos queren ser un referente no turismo vencellado á historia e á arqueoloxía: un turismo sustentábel que actúe, directamente, en beneficio do noso rico patrimonio e a súa conservación. Estes son algúns dos alicerces do proxecto de creación do Parque Arqueolóxico da Idade de Ferro, que recibiu este 10 de maio o seu empurrón definitivo da man dos concellos implicados (Porto do Son, Boiro, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Rianxo).

Os responsábeis dos Gobernos municipais participaron na formalización do acordo que vai servir de marco de traballo ao dito proxecto, xunto co presidente e vicepresidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso e Xosé Regueira, respectivamente. Segundo fixeron saber, amais de poñer en valor os recursos históricos do Barbanza e impulsar o turismo “cultural e de calidade”, tamén se favorecerá a cooperación institucional.

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero García; o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro García; o de Rianxo, Adolfo Muíños; o de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas e o concelleiro de Porto do Son, Juan Pouso e o vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, coincidiron en salientar o acordo como “o paso definitivo para o impulso dunha iniciativa de especial interese patrimonial, cultural e turístico do territorio da Arousa Norte e a Barbanza”.

No caso do Parque da Idade de Ferro, o Castro e Isorna, en Rianxo; os de Neixón e de Achadizo, en Boiro; o de Croa de Postmarcos, na Pobra do Caramiñal, e o Castro da Cidá, en Ribeira, son algúns dos recursos dun proxecto que terá identidade propia coa posta en valor do patrimonio vinculado á Idade de Ferro. Así, o proxecto desenvolverá, entre outras, accións de protección e sinalización de recursos, deseño e realización de rutas ademais de implementación de novas ferramentas para a súa difusión.

Regueira salientou as similitudes con outros proxectos nos que a área que dirixe está a traballar en colaboración directa cos municipios do territorio como son o Xeoparque de Ortegal, o Parque do Megalitismo da Costa da Morte ou Compostela Rupestre.

“Con este plan da Deputación imos conseguir que a Idade de Ferro se converta en ouro puro na nosa comarca”, sinalou o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas mentres o alcalde de Boiro, José Ramón Romero García destacaba o “patrimonio como valor engadido ao turismo na comarca do Barbanza” e facía fincapé na colaboración institucional á hora de defender o proxecto.

“Queremos mostrar a nosa satisfacción por materializar o convenio e o impulso que supón á difusión e promoción dos monumentos castrexos da nosa comarca que queremos facer un dos eixos vertebradores do turismo cultural e histórico”, apuntou o alcalde de Rianxo, Adolfo Muiños ao tempo que o responsábel da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro García, consideraba que a iniciativa é “unha oportunidade para poñer en valor o patrimonio e dálo a coñecer á cidadanía”. No acto participou tamén o concelleiro de Porto do Son, Juan Pouso, municipio que asume a primeira presidencia do Parque Arqueolóxico da Idade de Ferro.

O obxectivo da comunidade intermunicipal é, segundo se sinala no texto do acordo, a “posta en valor do patrimonio arqueolóxico existente nos respectivos termos municipais, no marco das competencias propias que lle corresponden en materia de promoción económica, desenvolvemento territorial e turismo”. A xestión estará dirixida por un Consello de Dirección do que formarán parte dous representantes da Deputación e dous de cada unha das corporacións participantes. O convenio ten unha vixencia por catro anos, con posibilidade de prorrogalo a outros catro.

Outros artigos

Sufocado un incendio nun silo en Porto do Son sen danos persoais

Un incendio declarado na mañá deste martes nun silo situado na parroquia de Miñortos, no concello de Porto do Son, quedou finalmente sufocado sen que se rexistrasen danos persoais. Segundo informou o 112 Galicia, o aviso recibíuse pasadas as 8:30 horas, cando un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.