“A Covid-19 no sector marítimo-pesqueiro”. Antón Luaces

04 Maio 2021

“Os mariñeiros (galegos) non están vacinados porque a Xunta non os quere vacinar”. Esta é a sentenza ditada polo portavoz de Sanidade do Grupo Socialista no Parlamento galego, Julio Torrado, para quen a Xunta mente e cae na irresponsabilidade: “emprega a vacinación para confrontar” responsabilizando da situación ao Estado sen lembrar que Euskadi e Cantabria xa teñen vacinados a todos os seus mariñeiros “porque o goberno basco así o quixo, igual que o poderìa querer a Xunta”.

Cando o goberno galego decidiu incluir priorizar a vacinación das traballadoras do SAF foi “unha decisión do goberno autonómico, que non todos os gobernos están a tomar e Galicia sí, e ben tomado está, cando Euskadi e Cantabria deciden vacinar aos mariñeiros, tamén é unha decisión autonómica que nos parece ben”. Polo tanto, “si Galicia non os vacina é porque non o decidiu” tendo poder para telo feito.Para Julio Torrado a Xunta debe deixar de empregar argumentos espurios para afrontar e atacar ao Estado e comezar a utilizar as 100.000 vacinas que deixa cada día sen lles dar uso.

Esta formulación do portavoz de Sanidade dos socialista galegos producíuse cadrando con que dous mariñeiros afectados por un brote da variante india da COVID-19, tripulantes dun buque estranxeiro, foron ingresados nun hospital de Vigo, e o comité clínico prepara a súa reunión do xoves na que dará a coñecer as medidas que se van aplicar na Comunidade autónoma de Galicia unha vez remate o estado de alarma decretado por mor da pandemia de coronavirus.

Coa hospitalización por COVID-19 estabilizada e con menos casos desta pandemia rexistrados, Galicia segue pendente dos seus mariñeiros, que non recibiron as doses correspondentes de vacina en función das súas respectivas idades.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...