Aguiño acolle este fin de semana a XVI Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño

27 Maio 2021

A Asociación Francisco Lorenzo Mariño, un ano máis, presenta os actos da Semana Cultural na que pretenden divulgar a nosa cultura, identidade e tradición a través da décimo sétima edición deste evento tras tres lustros de historia da entidade. Desta maneira conmemoran o pasamento de Don Francisco como a el mellor lle gustaría, “enxalzando a música, o teatro e a historia do noso pobo e a unión da nosa xente”.
Esta proposta está pensada para todas e cada unha das persoas que conformamos a parroquia de Aguiño e queren que se sintan reflectidos nas actividades todos os grupos de idade, por elo, programamos eventos onde grandes e cativos teñamos un espazo que ocupar; coa contada de Candido Pazó, a maxia de Román, a música tradicional de As 7 Linguas e as conferencias sobre o Centenario do afundimento do Santa Isabel artellan un programa diverso e atractivo para o público en xeral.
Dende a directiva agradecen a todas as persoas, empresas, entidades e institucións a colaboración prestada o longo de todos estes anos, xa que sen eles esta andaina non sería posible. Nesta ocasión decidiron dedicar a xornada cultural inaugural á efeméride da traxedia do Santa Isabel e o comportamento heroico das veciñas e veciños de Sálvora en particular e Aguiño e Ribeira en xeral naquela noite aciaga na que perderon a vida 213 persoas dos 266 tripulantes que transportaba o vapor correo da compañía transatlántica. Un recoñecemento público ás heroínas e o resto de veciños da illa que esa noite arriscaron a súa vida en favor dos demais e conseguiron salvar a 53 persoas.


Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.