Venres Santo con auga na primeira metade do día

Durante a xornada do venres persistirá certa inestabilidade atmosférica polo que non se agardan cambios significativos na situación meteorolóxica. Os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvascos ocasionalmente tormentosos, máis probables no sur. As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado nos valores mínimos. Os ventos soprarán frouxos, variables pola mañá, tomando compoñente norte pola tarde. A partir do medidía empeza a melloralo tempo anticipo dunha fin de semana soleada e con temperaturas en ascenso.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)