Unha nova actuación no Castro da Cidade permitirá recuperar novas vivendas

09 Abril 2021
Cedida

Apenas catro meses despois do remate da terceira fase de escavación no Castro da Cidá o icónico xacemento arqueolóxico enclavado no cumio do monte do mesmo nome está a ser obxecto dunha nova intervención
arqueolóxica (a cuarta dende que se principiou a iniciativa no 2015) que vai contribuír grandemente a que o recinto recobre o seu primixenio aspecto.
En concreto, esta nova actuación persegue a recuperación da súa estrutura interior, así como a realización de escavacións puntuais en certos sectores co obxecto de determinar as zonas de paso orixinais da muralla perimetral máis próxima ao poboado, a cal (cómpre lembrar) foi restaurada na última actuación do outono pasado.
Circuíto perimetral
Os novos traballos, que arrancaron esta semana baixo a dirección do arqueólogo e restaurador Miguel Ángel López, xa están a dar os seus primeiros froitos. De feito, constatouse que a entrada que se viña utilizando ata agora para acceder ao interior do recinto non existía e restituíuse ao seu estado orixinal como tramo de muralla, o que permitiu que saísen á luz outras dúas vivendas que permanecían soterradas. Deste xeito, para acceder ao castro haberá que utilizar a
entrada que está orientada cara o parque natural, o que vai propiciar que aqueles que ascendan ata o cumio polo camiño que sube dende o miradoiro de Pedra da Ra realicen no final do mesmo un circuíto en torno á muralla.
A restauración que se está a acometer —sinala Miguel Ángel López— é de tipo preventivo, especialmente nas súas cabeceiras.
Para isto estanse a utilizar morteiros hidrófugos que repelen ahumidade e están tratados con tintes inorgánicos. Ademais, nos traballos de recuperación da estrutura interior estanse a facer unhaou varios fiados de protección para preservar o orixinal.
Itinerario de miradores
De forma parella coa intervención arquitectónica está previsto crear tamén na contorna un itinerario de miradores para que os interesados poidan contemplar o Castro da Cidade coas súas murallas dende distintos ángulos e perspectivas, ao tempo que se recreen nas vistas a lugares tan fermosos como a ría de Arousa ou o parque dunar.
A actuación, á que se achegou esta mañá o alcalde Manuel Ruiz, comporta un investimento de 41.800 euros e ten un prazo de execución de dous meses.

Cedida

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...