Retómanse na Pobra as actividades culturais, deportivas e de lecer ante a mellora epidemiolóxica

29 Abril 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través do seu alcalde Xosé Lois Piñeiro, vén de emitir un bando no que se informa polo miúdo da situación epidemiolóxica do municipio, que vén sendo favorábel nos últimos días (cunha incidencia acumulada a catorce días por debaixo de 200, e a sete días por debaixo de 75 con tendencia descendente), e dáse conta das medidas a tomar en relación a esta desescalada local. No bando reflíctese a anulación da maioría das medidas de carácter extraordinario adoptadas por mor do gromo que se iniciou a principios do mes de abril.

Establécense polo tanto as seguintes medidas:

– Primeira. Retómanse as actividades de ocio e a programación cultural do Concello; darase continuidade ós protocolos de protección fronte á COVID-19 xa postos en práctica durante a pandemia.

– Segunda. Estabelécese a apertura dos parques infantís e biosaudábeis de todo o termo municipal.

– Terceira. A Biblioteca Municipal, o Museo Valle-Inclán e a Oficina de Información Turística na Casa Mariñeira volverán dar atención presencial ó público.

– Cuarta. Retómanse as actividades deportivas organizadas polo Concello. Autorízase o uso das instalacións municipais para a práctica do deporte non federado.

– Quinta. Autorízase o uso das dependencias municipais para a realización das actividades propias do tecido asociativo así como de tódalas organizadas dende os diferentes departamentos da Administración municipal. Contan con autorización expresa as seguintes:

· As actividades organizadas polas ANPA do termo municipal.

· As actividades organizadas polas entidades culturais do Concello para a realización de obradoiros, cursos, ensaios ou outras de análoga natureza.

Non se autorizará o uso das dependencias por parte de persoas particulares ou entidades non legalmente constituídas.

– Sexta. As dependencias municipais que continuarán sen ofrecer un servizo normalizado aberto ao uso libre por parte da veciñanza son os centros socioculturais do rural e a Casa da Mocidade, espazos nos cales unicamente se poderán desenvolver actividades organizadas ou supervisadas polo Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.