Os negocios da plataforma Mercarianxo.gal estrean distintivo con código QR exclusivo

27 Abril 2021

A plataforma de comercio electrónico Mercarianxo.gal, habilitada pola Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) en colaboración co Concello, ofrece dende mediados de abril un novo servizo a todos os negocios participantes na iniciativa: un signo distintivo co que poderán mellorar a atención ao cliente e acreditar a súa presenza no marketplace rianxeiro, con todas as vantaxes que isto implica (comodidade para as e os clientes, visibilidade total para o establecemento, marca diferencial de transformación e innovación, presenza nas redes sociais, comunicación total, etc).

Segundo explica a ARE, este expositor-distintivo ten un código QR exclusivo para cada negocio que redirixirá ás cartas no caso dos restaurantes ou as tendas online no caso dos comercios.⁣ Os signos comezaron a distribuírse no ámbito da hostalería e logo foron habilitados nos comercios.

Por certo que a plataforma Mercarianxo.gal está representada xa (dende mediados de marzo) por máis dunha trintena de negocios pertencentes aos ámbitos do comercio e a hostalería locais.

A entidade empresarial rianxeira lembra que a plataforma segue aberta, totalmente dispoñíbel, para que “calquera empresa que queira lanzarse á venda online poida facelo poñéndose en contacto coa ARE ou a través de Mercarianxo.gal para a súa incorporación”.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.