“O segundo Cid Campeador”. Antón Luaces

21 Abril 2021

Cando era neno lía moitos “tebeos” do Capitán Trueno, El Jabato e toda unha listaxe longa de publicacións que, por un real (25 céntimos de peseta) mercaba na sempre escura minitenda  da “Vixana”, en Riveira. Sempre buscaba unha historia que poidera equipararse á que os libros de Historia de España utilizados nos primeiros anos de bacharelato da época nos reflectían de Rodrigo Díaz de Vivar, el Cid Campeador, o primeiro dos heroes que fora quen de gañar en España unha batalla após da súa morte.

Foi este burgalés, fillo dun infanzón de Castela, o que espertou de certo o meu interese pola Historia. E non atopei nesta outro Cid, outro Campeador que gañara batallas despois de morto ata que, en 2021, a case 46 anos do seu pasamento, revive Francisco Franco, quen gaña outra batalla desta vez na historia xudicial española: os bens mobles da que fora a súa residencia de verán nas emblemáticas Torres de Meirás -antiga residencia da condesa de Pardo Bazán que eu lembro en medio do fume e as lapas dunha espesa noite de 1978- han pasar de novo ao “dominio” da familia Franco, herdeiros dun Caudillo que o foi pola G. de Deus, segundo se facía constar nas moedas da súa etapa.

Todo está contemplado pola Audiencia Provincial da Coruña (Sección III), que anula o auto do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña polo que se establecía que os bens mobles existentes no pazo de Meirás quedasen baixo a custodia do Estado e que, agora, pasan a prol da familia do ditador. Lembra amáis o tribunal que o Estado só reclamou na súa demanda a parcela do pazo e, -outra fase gañada por Franco nesta batalla- ordena indemnizar á familia do xeneral polos danos e prexuízos ocasionados, deixando aberta a posibilidade  de que a Administración Xeral do Estado reclame os citados bens mobles noutro novo pleito.Aquel misterioso incendio nocturno das Torres de Meirás do 18 febreiro de 1978, posibilitou mil e unha oportunidades a cantos viron nese lume a mellor ocasión para facer desaparecer moito do que colgaba nas paredes do pazo ou se gardaba en determinadas dependencias fosen ou non da propiedade da familia que ocupaba as Torres ou recibidfas pola mesma vía que recibiran anos atrás o pazo. Mesmo se especulou coa posibilidade de que algunha das persoas que participaron nos traballos de “evacuación” dos bens mobles se lucraran ou traballaran a prol da familia do ex-xefe do Estado. Quen sabe?. En Sada sempre houbo comentarios referidos a posibles beneficiarios directos ou indirectos.

En abril dese mesmo ano 1978, o aeroporto madrileño de Barajas era escenario dun rocambolesco episodio no que a filla do xeneral tentaba “sacar” de España a través da aduana unha importante cantidade de xoias. Atrás quedaban as lapas que afectarían á sala na que se celebraba o consello de ministros que cada verán se celebraba en Meirás baixo a presidencia de Franco. Ninguén deu conta do que se retirou dos cuartos privados da familia, acuarelas e óleos pintados nos seus momentos de inspiración polo propio Francisco Franco e, ao parecer, tamén importantes documentos sobre o ascenso de Franco ao poder, diarios e informes secretos “sobre a restauración da Monarquía”, etc. Foi un incendio provocado para ocultar algo que non conviña que se soubera?. Nos traballos para salvar o que había no pazo saíron a relocir tapices, alfombras, cadros, retábulos, mobles de madeiras nobres, braseiros de bronce, lámpadas de cristal tallado, candelabros, coleccións de armas antigas… Retornarían todos eles ao pazo, estarán todos imventariados debidamente para que non veñan agora novas reclamacións ao respecto?.

Na resolución xudicial dada a coñecer onte establécese que o Estado non é depositario dos bens mobles do pazo e que só se reclamou o dereito de propiedade sobre dunha parcela catastral, e que non inclúe “mesas, cadeiras, vaixelas, alfombras e cadros”. Os xuíxes interpretan que na sentenza de primeira instancia non se dí nada de que os mobles sexan propiedade do Estado. Nen tampouco que durante o litixio se tratara esta cuestión. Acaso foi mal formulada a reclamación ou se obviaron estas referencias por algún motivo?.Na resolución, contra a que non cabe interpor recurso, os maxistrados lembran que quen está na obriga de entregar a posesión do inmoble ten dereito a retirar os mobles  non comprendidos na executoria de sentenza. E o tribunal recoñece que as dúas estatuas do Mestre Mateo que tanto deron que falar nos últimos tempos están catalogadas coma Bens de Interese Cultural (BIC). Quen sabe se serán os únicos bens mobles que os Franco non se leven das torres de Meirás?.

Outros artigos

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

En numerosos pobos e cidades de España e Europa están orgullosos da presenza de familias de inmigrantes, procedentes de países onde non teñen ningún tipo de oportunidade de poder vivir decentemente. Persoas e familias que chegan en busca dunha oportunidade de...

+

“Carta á alcaldesa de Santiago”. José Luís Calo

Estimada Alcaldesa de Santiago de Compostela: Goretti Sanmartín Rei.Escríbolle en relación coa polémica da concesión á Princesa Leonor de Borbón eOrtiz da Medalla de Galicia, na que vostede se botou atrás e renunciou a representará cidade de Santiago. Un cargo público...

+

“Medicina, salud y facultades”. Alberto Barciela

El debate no es malo en sí, puede proporcionar luz si es leal, autorizado, respetuoso con el pensar contrario. Con dificultad aportará claridad aquel que se tamiza por intereses inmersos en el oscuro mundo de lo particular o pocop reflexivos. Es quizás esta última la...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.