O sector turístico de Ribeira achega diferentes propostas ao bono #QuedamosEnGalicia

26 Abril 2021

O Concello de Ribeira vén de informar da importante presenza das empresas do municipio na oferta integrada no Bono Turístico #QuedamosEnGalicia promovido pola Xunta de Galicia e o Clúster de Turismo ao abeiro do plan autonómico para reactivar o sector fronte ás graves consecuencias da COVID-19.

Entre a oferta ribeirense incluída figura un paquete concibido para coñecer Ribeira a través do Camiño A Orixe. Esta oferta turística está deseñada pola axencia de viaxes Fontao Travel e inclúe unha noite de aloxamento en A Teixoeira, así como a experiencia de percorrer o Camiño, coñecer a historia e as lendas asociadas aos lugares máis emblemáticos, iniciando a etapa no Faro de Corrubedo.

Tamén forman parte de #QuedamosEnGalicia diversos aloxamentos emprazados dentro do termo municipal como son o Hostal Balieiros (en Corrubedo), o Camping Ría de Arosa 2 (en Oleiros), o Camping Coroso e o Hotel Norat Palmeira Playa (ambos en Palmeira).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.