O parking do Centenario xa é do Concello

30 Abril 2021
O alcalde Manuel Ruiz durante a súa visita ás instalacións do parking

Tras longas negociacións, o parking do Centenario xa é propiedade do Concello de Ribeira. Así o anunciou o alcalde Manuel Ruiz durante a súa visita ás instalacións situadas na praza do mesmo nome.
Ruiz Rivas aclarou que se ben o mantemento da infraestrutura corre dende hoxe a cargo do Concello, a xestión proseguirá de forma interina en mans dos administradores concursais por un prazo non superior aos dous meses: un período de transición concibido para, entre outras cuestións, buscar un acordo coas distintas partes implicadas (os propios administradores concursais, a inmobiliaria Proinsa e acredores como o Sareb) que permita liquidar o contrato e que a Corporación teña total liberdade á hora de elixir o futuro modelo de xestión do aparcamento.
Valoración actualizada
O paso máis inmediato neste sentido será a realización dunha valoración actualizada do estado do inmoble por parte dos técnicos municipais que poida servir de base para o devandito acordo. De non prosperar, o Concello optaría pola figura coñecida como ‘contrato de reemprazo’, que implicaría adxudicar o inmoble a un novo concesionario nas mesmas condicións.
Dunha forma ou doutra, hoxe a titularidade do parking xa é do Concello e dentro de dous meses como máximo tamén recalará na administración ribeirense a súa xestión.
O alcalde aproveitou a súa visita para charlar cos traballadores da instalación e expresou a súa satisfacción pois o aparcamento vai poder recobrar en breve un servizo de 24 horas os 365 horas do día.

O alcalde Manuel Ruiz durante a súa visita ás instalacións do parking

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.