O mozo ribeirense Diego Santos, entre os gañadores do certame Lingua de Namorar

21 Abril 2021

Este 21 de abril déronse a coñecer os nomes das mozas e mozos premiadas/os no certame Lingua de Namorar, destinado a premiar as máis destacadas e creativas declaracións de amor na Rede, co engadido extra (un engadido salientábel) de estar plasmadas en galego. Segundo fixeron saber as entidades organizadoras do concurso (a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude), a décima edición de Lingua de Namorar obtivo unha importante participación na votación da nova categoría Instagram. O mozo de Ribeira Diego Santos atópase entre os gañadores.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, na presentación da nova edición do certame

En concreto, na categoría A (de 14 a 19 anos) resultaron gañadores os textos Penso en ti (María Rey Villar, A Coruña), Sol e Lúa (Lucas Paz González, A Coruña) e Marfil do meu corazón (Diego Santos Santos, Ribeira); mentres que na categoría B (de 20 a 35 anos) foron elixidos polo xurado Rea(r)mar (Lara Álvarez Álvarez, Redondela), O fío da vida (Leticia Cid Cid, San Cibrao das Viñas) e KÓX3G∆S (Andrea López Otero, Pantón).

Na nova categoría IG acadou a maioría de gústames do público (un total de 765) de entre as seis mensaxes participantes elixidas polo xurado o texto Saudando a vida (José María Trigo González, Cambados).

Nas dúas primeiras categorías o primeiro premio é unha bicicleta eléctrica, o segundo unha tableta de 10,1 polgadas e o terceiro unha cámara deportiva. No caso da terceira categoría, o premio é único, unha bicicleta eléctrica. O acto de entrega dos galardóns está previsto para o mes de maio en Santiago de Compostela

Tanto as mensaxes gañadoras coma as outras 267 participantes, que foron votadas por preto de 2449 internautas (2309 deles, na fase de votación da nova categoría IG), están dispoñíbeis na web institucional da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Outros artigos

Curtas Festival do Imaxinario presenta o cartel da súa 53ª edición

Curtas Festival do Imaxinario, o festival de cinema fantástico e de terror de Galicia, con sede en Vilagarcía, presentou o cartel da súa 53ª edición. A imaxe, creada un ano máis polo artista arxentino Flavio Greco, mostra aos "Profundos", criaturas anfibias e...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

En numerosos pobos e cidades de España e Europa están orgullosos da presenza de familias de inmigrantes, procedentes de países onde non teñen ningún tipo de oportunidade de poder vivir decentemente. Persoas e familias que chegan en busca dunha oportunidade de...

“Carta á alcaldesa de Santiago”.  José Luís Calo

“Carta á alcaldesa de Santiago”. José Luís Calo

Estimada Alcaldesa de Santiago de Compostela: Goretti Sanmartín Rei.Escríbolle en relación coa polémica da concesión á Princesa Leonor de Borbón eOrtiz da Medalla de Galicia, na que vostede se botou atrás e renunciou a representará cidade de Santiago. Un cargo público...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.