O humorista Isi visita Porto do Son o vindeiro 8 de maio

26 Abril 2021

Ao abeiro do Ciclo de Monólogos que percorre os nosos concellos, Porto do Son recibirá o vindeiro 8 de maio a visita do humorista, actor e presentador José Manuel Rodríguez Puente, tamén coñecido como Isi, artista natural da Estrada amais de ser unha das facianas máis coñecidas da TVG e de boa parte dos seus principais espectáculos (por exemplo SuperMartes, Air Galicia, Land Rober ou Todo queda na casa).

A cita (un monólogo no que Isi relata o seu día a día de maneira próxima e informal, tal e como nos ten acostumados) será como dixemos o 8 de maio. As entradas pódense adquirir a partir deste 26 de abril, na Casa da Cultura de Porto do Son, en horario de 12.00 a 14.00 horas. O Concello lembra ás persoas interesadas a obrigatoriedade de indicar no momento de mercar o tícket os datos de cada asistente (nome e teléfono).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.