O Comité Clínico mantén o nivel máximo de restricións en A Pobra e alto en Boiro. Ribeira queda en nivel medio

O Comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar manter o  nivel máximo de restricións para os concellos de A Pobra do Caramiñal, Carballeda de Valdeorras e O Grove.

Ademais, a asemblea de expertos determinou o establecemento do nivel alto de restricións en dez concellos galegos: Boiro, Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto e A Illa de Arousa.

Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Ribeira, Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 16 de abril.