O BNG de Ribeira reclama aumentar o mantemento, limpeza e seguridade nos portos do concello

27 Abril 2021

O BNG de Ribeira vén de rexistrar unha nova iniciativa para demandar maior mantemento, seguridade, limpeza ou investimentos nos portos do concello de Ribeira. Os nacionalistas xa reclamaron no pasado a Portos de Galicia actuacións nos peiraos de Corrubedo, Palmeira, Aguiño e Ribeira.

O motivo principal polo que se demanda unha revisión dos portos é, segundo apuntan, “o mal estado no que se atopan moitas destas zonas”. Nalgúns casos, indican, trátase de farois fóra de servizo, conexión eléctricas rotas, escaleiras de acceso enferruxadas ou a cantidade considerábel de lixo que moitas veces remata no mar.

O concelleiro Pérez Barral explica que Portos de Galicia debería manter en boas condicións as instalacións portuarias “tanto por ser unha zona de traballo para os mariñeiros como por ser zonas de uso público para a veciñanza”. Por isto, o BNG exixe ao Concello de Ribeira que inste a Portos de Galicia a manter en boas condición as instalacións, ademais de tentar trasladar as demandas e necesidades do sector pesqueiro ao Parlamento de Galicia.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.