O BNG de Noia solicita o cumprimento do modelo de co-xestión no Museo do Mar.

07 Abril 2021

O Bloque Nacionalista Galego rexistrou unha iniciativa no Concello de Noia para pedir, segundo se fai saber na proposta, “que se cumpran coas bases da subvención para a construción do Museo do Mar” e “coa promesa da creación dunha mesa de traballo para consensuar o modelo de co-xestión”.

Isto encádrase na proposición non de lei (PNL) presentada polo BNG no Parlamento galego aprobada por unanimidade de todos os grupos, na que se manifestaba “a necesidade de que o Museo do mar de Noia cumprise cos obxectivos que serviron de xustificación para obtención dunha subvención con cartos da Unión Europea para a construción do edificio que albergará dito museo”.

O BNG lembra que entre a documentación que serviu de base para a presentación do proxecto figuraba o inventario de material da propia Asociación Mar de Noia, en cuxa memoria fíxase que “será xestionado como até a data pola Asociación Mar de Noia”, sen ben contémplase a posibilidade de “contratar no futuro a persoal se a demanda do museo así o require”.

Os nacionalistas consideran que no proceso de planificación do espazo expositivo non se tomou en consideración a asociación, sendo esta unha das circunstancias que levaron ao Parlamento galego a instar “ao cumprimento das condicións e prescricións establecidas nela en canto aos obxectivos, realización das actividades ou adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención”.

O BNG lembra que en sucesivas sesións os diferentes grupos políticos do municipio coincidiron na necesidade de crear unha mesa “para consensuar o modelo de xestión e a planificación da musealización do edificio”. Nesta mesa, segundo o establecido, estarían presentes todos os grupos políticos, representantes da dita asociación, técnicos municipais e expertos en musealización. Dende o BNG lamentan que “pasado xa o primeiro trimestre de 2021 e dita mesa non foi composta nin convocada” e por iso piden ao Goberno local que “proceda a facelo o máis cedo posíbel”.

Outros artigos

Todo listo para o comezo (este venres) do festival Jazz Noia

Este venres 14 de agosto arrinca un dos grandes eventos culturais da tempada estival na comarca: a edición 2026 do festival Jazz Noia 2026, organizado polo Concello de Noia a través da Concellería de Cultura. Celebrarase as noites do venres 14 e o sábado 15 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.