O BNG de Noia rexistra iniciativas para mellorar os núcleos de Barro e O Couto

20 Abril 2021

O Bloque Nacionalista Galego de Noia vén de rexistrar iniciativas a prol dos núcleos de Barro e Couto. Nelas solicitan “a posta en valor” do Couto e unha estratexia efectiva para mellorar a calidade de vida da veciñanza deste núcleo histórico noiés. No caso de Barro rogan ao Goberno local o arranxo da estrada na Horta da Zapateira, que presenta buracos como o que se aprecia na imaxe.

O Couto

Indican os nacionalistas “a importancia patrimonial do barrio de O Couto”, feito probado pola inclusión da Ponte de Traba e a súa contorna na área de protección do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Histórico (PEPRICH) e pola consideración PXOM pendente de aprobación definitiva da necesidade de desenvolver un Plan especial de protección, ordenación e infraestrutura e dotación para o ámbito do Núcleo Rural Histórico de Ponte de Traba – O Couto.

“A tardanza que está sufrindo a aprobación definitiva do PXOM”, sinala o BNG, “obriga a que o Concello realice actuacións que eviten o abandono da veciñanza”. Deste xeito propoñen actuacións como “a conversión do abandonado colexio de Atenea nun centro sociocultural”, “a apertura do parque do Monte do Bolo”, “a posta en marcha das intervencións recollidas no PEPRICH para a contorna da Ponte de Traba”, “a restauración de elementos patrimoniais”, “o remate das deficiencias no saneamento” ou “a mellora da seguridade viaria no lugar”.

Barro

Polo que respecta ás peticións relativas a Barro, o portavoz da formación nacionalista, Ricardo Suárez, quixo reflectir as demandas das veciñas e veciños do lugar da Horta da Zapateira e reclamou, en base a estas queixas, “a intervención seria sobre o pavimentado da estrada nesa localización”. E engadiu: “A estrada da Horta da Zapateira sofre de afundimentos do firme dende hai moitos anos e os parches realizados dende a Administración local non acadan unha solución axeitada”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.