O alcalde de Boiro visitou as instalacións do parque de bombeiros

29 Abril 2021

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, fixo este 29 de abril unha visita institucional ao parque local de bombeiros, instalacións situadas no Parque Empresarial de Espiñeira. Alí, o rexedor explicou aos traballadores as actuacións previstas na contorna.

O alcalde aproveitou a visita para explicar o estado da tramitación das obras que o Concello vai levar a cabo para acondicionar unha finca e destinar ao depósito de vehículos. En concreto, habilitarase un espazo de 1.100 metros cadrados e que terá capacidade para uns cincuenta vehículos e co que se vai dar solución ao actual problema de espazo para a custodia de vehículos retirados.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.