O alcalde de Boiro propón realizar varios proxectos mediante as liñas de subvención da Vicepresidencia

16 Abril 2021

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o tenente de alcalde, Luis Ruiz, reuníronse este 15 de abril co vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e coa secretaria xeral de Administración Local, Natalia Prieto, para sentar liñas de traballo conxunto entre ambas as dúas administracións. De feito, o alcalde de Boiro propuxo na xuntanza algúns proxectos que se pretenden levar a cabo na localidade mediante as liñas de subvención convocadas dende Vicepresidencia.

Ademais, o alcalde e o tenente de alcalde presentáronlle ao vicepresidente outros proxectos nos que o Concello de Boiro está a traballar, co fin de comezar a buscar apoios nas demais administracións. José Ramón Romero sinalou que “a colaboración de todas as administracións é fundamental para poder realizar proxectos que son fundamentais para Boiro e para os veciños e veciñas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.