Noia Histórica forma o comercio local nos segredos das redes sociais

13 Abril 2021

Esta semana deu comezo a actividade formativa sobre redes sociais organizada pola asociación empresarial Noia Histórica coa colaboración do Concello. Trátase dun curso sobre Facebook e Instagram Ads, dúas aplicacións moi indicadas para permitir que as empresas e os comercios locais fagan gala dos seus produtos e servizos, mellorando a súa visibilidade, incrementando mercados e chegando a máis clientes potenciais.

A iniciativa, impartida polo experto en nova comunicación e novas estratexias de mercadotecnia Javier Rocamora, está dirixida a persoas relacionadas coas redes sociais. Desenvólvese até este mércores 14 de abril en horario de tarde.

Como dixemos, a persoa encargada de impartir estes contidos será o experto en ecommerce e redes sociais Javier Rocamora, profesional das novas vertentes da xestión comercial, amais de consultor autónomo e formador especializado neste campo en concreto. Na iniciativa participan unha ducia de representantes do tecido produtivo local.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.