Noia acolle este sábado o Campionato de Galicia Memorial Alejandro Gómez de Atletismo

21 Abril 2021

Este martes celebrouse no Casino de Noia a presentación do Campionato de Galicia Memorial Alejandro Gómez, un importante acontecemento deportivo de atletismo que cobre as categorías de 10.000 Absoluto e 5.000 Sub20 e Sub18 e que se vai celebrar na vila este sábado 24 de abril, nas pistas do Estadio Municipal de San Lázaro.

Ao acto, que se puido seguir en streaming a través de Youtube, asistiron a Concelleira de Deportes, Laura Salgado Garcia, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, o presidente do Club Atletismo Noia (CAN), Luis Sanmartín, e Pedro Calvo, tamén do CAN, que foi o encargado do deseño do cartel da proba.

Segundo fixeron saber, tomarán a saída no campionato até medio cento de atletas, entre os que se atopan deportistas tan sobranceiras como Marta Casanova, Julia Vaquero ou Yolanda Gutiérrez.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.