No Son, as obras da fachada marítima máis próxima ás casas estarían rematadas antes do verán

05 Abril 2021
As obras a comezos de marzo nunha imaxe de Canal Barbanza

O borde portuario de Porto do Son está a ser obxecto dende hai meses dunha importante remodelación, impulsada dende Portos de Galicia e o Concello coa finalidade de recuperar a estreita relación que a vila mantiña co mar, apostando firme pola humanización, a accesibilidade e a prioridade para os peóns. O proxecto, como lembraremos, ten un orzamento de 4 millóns de euros. A superficie na que se realizan as obras é de 26.000 metros cadrados.

En palabras do Concello, o obxectivo desta iniciativa consiste en “humanizar o borde portuario, abrindo ao mar a villa”. Así, pódense apreciar os traballos, que xa comezaron a finais do verán pasado. Dende entón, colocáronse as canalizacións, o cableado eléctrico e as redes para as augas residuais. De feito, un dos asuntos máis importantes que se realizou foi a separativa.

O alcalde sonense, Luis Oujo Pouso afirmou que “Porto do Son é un concello turístico e non quere que nada poida contaminar as augas, non só polo turismo, senón tamén pola pesca e o marisqueo”.

Segundo puidemos saber, despois desta Semana Santa comezará a creación da rotonda coa que se pretende ter o acceso ao peirao antes do verán. Concretamente, en xuño, debería estar rematada a franxa marítima pegada aos edificios, para proseguir coa área próxima ao porto. Do mesmo xeito, crearanse nos próximos meses edificios de servicios náuticos e portuarios.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.