Nebra acollerá cada venres un curso de ioga para grupos reducidos

28 Abril 2021

Na parroquia de Nebra (Porto do Son) vaise celebrar estes días unha actividade formativa e para fomentar hábitos saudábeis entre a veciñanza, tan necesarios neste post-confinamento e nesta desescalada progresiva. Trátase dun curso de ioga, organizado pola Comunidade de Montes de Nebra.

Será unha actividade para grupos reducidos, co fin de garantir unha atención máis personalizada e, tamén, a seguridade sanitaria das e dos participantes. Desenvolverase cada venres en horario de 19.30 a 20.45 horas, no Local Veciñal de Nebra. Para máis información cómpre contactar cos teléfonos 600 701 101 e 659 060 548.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.