“Moito polo que loitar”. José Manuel Pena

06 Abril 2021

Canto temos que aprender do exemplo que nos dan decenas de persoas que, da noite para a mañá, perden todos os seus bens materiais como consecuencia dos avatares da vida. A cabeza ben alta, a mirada á fronte, o sorriso debuxándolles a cara, sen perder a ilusión nin a dignidade desexan seguir loitando e camiñando polo carreiro de espiñas que lles trazou a súa o destino da súa existencia. Que exemplos de valentía e enteireza.

Cando un perde a súa vivenda habitual como consecuencia dun desafiuzamento; cando levan máis de dous anos no paro e perciben uns 426 euros mensuais; cando pechan a empresa ou os negocios como consecuencia dun concurso de acredores; cando aos 35 anos recoñécenche unha invalidez permanente absoluta ou gran invalidez, como consecuencia de sufrir un grave accidente de traballo; cando vives baixo o manto das estrelas ou de okupa nalgunha infravivenda . En todos estes casos é moi gratificante ver e escoitar a estas persoas de que teñen moita vida por diante e demasiado polo que loitar.

Claro que se, e evidentemente son persoas que teñen a cabeza ben amoblada e saben que a vida consiste en algo mais que ter poder e riqueza. Alégrame, persoalmente, o coñecer a algunha destas persoas valentes, no medio da desesperanza doutras moitas. Temos que ser conscientes de que están entre nós, máis preto do que nos cremos. Pode ser o veciño do segundo, a señora que pasea ao can á noitiña ou o perruqueiro da esquina. Grazas, a todos, polo voso exemplo e animarnos a seguir loitando polas outras persoas e familias con menos fortaleza.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...