JEALSA e FRINSA apuntaladas polas marcas brancas

21 Abril 2021

O sector conserveiro pechou o ano do COVID-19 crecendo un 2% en produción e un 5% en vendas, segundo os datos de ANFACO. O presidente da patronal e da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Vieites, explicou que o comportamento foi desigual nas empresas, mostrando unha maior resistencia ante a crise sanitaria as posicionadas no sector retail, en contraste co desastre da canle HORECA (acrónimo que fai referencia ás primeiras dúas letras de “hoteis, restaurantes e cafeterías”).
No primeiro perfil encaixan dous das grandes conserveiras galegas, JEALSA e FRINSA, que á espera de pechar os resultados consolidados do exercicio, emiten sinais positivos sobre o seu comportamento nun ano cheo de dificultades debido ao coronavirus.

JEALSA, a compañía fundada por Jesús Alonso xa avanzou a comezos de ano que a súa facturación crecera ao redor dun 11%, superando os 700 millóns, nun exercicio marcado pola provisión dos primeiros meses de pandemia que disparou o consumo nos supermercados, pero tamén polo gasto adicional de facer fronte á pandemia e o curtocircuíto da hostalería.
A presentación de resultados de Mercadona este martes deparou un segundo dato relevante sobre o crecemento de JEALSA, pois Conservas Escurís, do mesmo grupo, colocouse entre os provedores da cadea de Juan Roig que máis investimentos destinou á mellora das fábricas, neste caso, a da Pobra do Caramiñal.
O informe de exercicio publicado pola compañía valenciana indica que destinou 12,8 millóns de euros a melloras de calidade e ampliación de capacidade da súa planta, que implicaron a xeración de 31 novos postos de traballo.

Das empresas provedoras que se mostran no informe, o fabricante de conservas de peixe e marisco é o que máis diñeiro investiu, moi por encima de firmas como Inquiba (5,2 millóns), Saplex (2,7 millóns) ou Primaflor (1,7 millóns).
JEALSA é o provedor de atún para marca branca de Mercadona, que o comercializa baixo a marca Hacendado. Precisamente o atún, cun aumento de produción do 2,1%, xunto á sardiña (2,1%) e o mexillón (4,9%), foron os produtos que máis creceron o pasado ano, segundo manifestou ANFACO.

Pola súa banda FRINSA, compañía de Ribeira especializada en marca branca, tampouco parece afrouxar o seu ritmo de crecemento. Polo menos no ámbito internacional. A conserveira fundada por Ramiro Carregal estendeu a súa presenza exterior coa creación de novas filiais en Sudáfrica e en Miami sumandose ás de Alemaña, Romanía, Polonia, Singapura, Italia, Reino Unido, Portugal e Francia. (A)

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.