Este mércores convocadas concentracións en Rianxo e Ribeira para esixir que se reactive a atención sanitaria presencial

21 Abril 2021

Promovidas polas plataformas SOS Sanidade Pública, este mércores pola tarde, ás 20.00 horas, están previstas concentracións que na comarca, serán en Ribeira e Rianxo, e a súa finalidade principal é reclamar que se reactive a atención presencial nos centros de saúde e que se incremente o persoal, acabando coa precariedade e a inestabilidade dos profesionais.

No caso da concentración convocada na vila rianxeira que será ás 20.00 horas ás portas do centro médico da Martela, a iniciativa está apoiada polo grupo político Rianxo en Común ( ReC) e engadíronse ás reivindicacións unha serie de cuestións particulares que afectan á atención sanitaria no municipio. En concreto, demándase cobertura das ausencias por descanso ou vacacións dos médicos, especialmente no caso dos profesionais de pediatría, de maneira que se garanta a atención no centro de saúde sempre.

Outra das reivindicacións é a de contar cunha matrona a tempo completo, así como a vella demanda de que se habilite un servizo de urxencias polas tardes e que se amplíe a Rianxo a cobertura do servizo de hospitalización a domicilio. En canto a Ribeira, a concentración será á mesma hora na praza do Concello e, entre as medidas concretas que se reivindican, ademais da reactivación da atención presencial nos centros de saúde fronte á telefónica, inclúese o rexeitamento á reforma da Lei Galega de Saúde e a posta en marcha dun plan para afrontar as listas de espera acumuladas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...