En Ribeira rematan as obras de mellora da avenida da Paz

17 Abril 2021
Avenida da Paz

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de mellora do firme na avenida da Paz, no municipio de Ribeira.
A intervención, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, levouse a cabo no treito da estrada autonómica PO-309 entre os puntos quilométricos 0+050 e 1+550, que se corresponden coa dita avenida.
Os traballos consistiron na rehabilitación do firme neste treito da estrada. A actuación completouse con accións de conservación da Xunta para poder acondicionar o pavimento de toda a súa lonxitude.
En concreto, fresáronse dúas cuñas triangulares na parte exterior de cada carril para dar encaixe á nova capa de rodadura.
Tamén se estendeu mestura bituminosa en quente como capa de rodadura sobre o firme existente.
A Xunta continúa traballando na mellora da estradas autonómicas coa fin de reforzar a seguridade viaria e mellorar as prestacións aos usuarios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.