En Ribeira a Praza de España xa exhibe un mural coa estampa de Félix Rodríguez de La Fuente asinada pola súa filla Odile

21 Abril 2021

Dende esta tarde, un mural na praza de España no que se recrea a figura de Félix Rodríguez de la Fuente leva a rúbrica da súa filla, a bióloga e naturalista Odile Rodríguez de la Fuente: un acto celebrado no marcodo programa conmemorativo do Día Mundial da Terra que está a organizar o Concello de Ribeira. Xunto ao condutor do programa “El hombre y la tierra” de Televisión Española sostendo un cachorro de lobo, a creación pictórica recolle ademais unha das súas frase máis célebres: “El hombre es un poema tejido con la niebla del amanecer, con el color de las flores, con elcanto de los pájaros, con el aullido del lobo o el rugido del león”. A obra foi elaborada polo artista e profesor Fernando Yáñez coa axudados rapaces Iker e Zainab, os tres presentes no acto. Antes, tivo lugar unha recepción pública no salón plenario que, tras palabras introdutorias da primeira tenente de alcalde María Sampedro, contou coas intervencións de Odile Rodríguez de laFuente, o alcalde Manuel Ruiz e a conselleira do Mar Rosa Quintana, quen quixo subliñou que Odile “no podía encontrar mejor lugar para homenajear este año el Día Mundial de la Tierra que aquien Galicia y que aquí en Ribeira”. Pola súa parte, a bióloga madrileña tivo palabras para lembrar olegado do seu pai, falecido fai 41 anos, do que salientou que“cambió la conciencia ecológica de todo un país”. Odile Rodrígue zapelou a aprender das formas tradicionais de xestionar o territorio, enfatizando que “estamos en un punto de inflexión y tenemos diezaños para cambiar el rumbo”. “En España tuvo a uno de los pionerosa nivel mundial y yo estoy convencida de que España será uno delos países líderes en este cambio de paradigma”, concluíu. Pechou o acto Manuel Ruiz salientando a “fuente de conocimiento yde vida” que foi a figura do seu pai, capaz de forzar en toda unha xeración un recordo imborrable. Ademais, lembrou o proverbio que di: «La Tierra no es una herencia de nuestros padres, sino un préstamo de nuestros hijos».

Libro de firmas do Concello

Concluídas as intervencións, Odile Rodríguez de la Fuente asinou no libro de honra do Concello e recibiu como obsequio institucional a réplica do faro de Corrubedo en cerámica de Sargadelos. O programa de eventos proseguirá mañá xoves 22 de abril —Día Mundial da Terra— ás 10 horas cunha charla-coloquio dende o CEIP Frións no que Odile atenderá as preguntas de alumnos de distintos centros educativos (o evento pódese seguir de xeito telemático por calquera persoa interesada a través da conta de YouTube do Concello; enlace: https://youtu.be/CHQZHZxhyyg). As 11.30 horas está prevista a súa visita ao miradoiro de Pedra da Ra mentres que media hora máis tarde zarpará dende o porto de Aguiño rumbo a Sálvora, onde realizará unha simbólica plantación dunha especie típica desta illa enclavada no Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia.

Outros artigos

O BNG celebra en Ribeira un acto para conmemorar o Día da Patria Galega

No marco da campaña previa á celebración do Día da Patria, o 25 de xullo, a organización nacionalista celebrou un acto na localidade de Ribeira poñendo en valor o traballo que o BNG realiza na defensa dos intereses dos galegos e galegas e a transformación a mellor das...

+

Este sábado 12 comezan as Festas do Carme de Cabo de Cruz

Esta fin de semana e boa parte da semana que vén celébranse en Cabo de Cruz (Boiro) as Festas do Carme edición 2025, unhas celebracións na honra da patroa da xente do mar, a Virxe do Carme, que xunta actividades relixiosas, culturais e festeiras e que este ano vén cun...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.