En Rianxo o Día do Libro celebrarase co manifesto rebelde de Rosalía de Castro

21 Abril 2021

Co gallo do Día do Libro (este 23 de abril), a Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo van organizar un espectáculo teatral para conmemorar “en vivo” as nosas letras e a nosa cultura. Farano o 24 de abril, coa representación de Libre coma os paxaros – Manifesto rebelde, de Teatro do Atlántico. A cita será o sábado ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal.

Argumento

Unha muller toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade. Declara, desafiante, non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa, nin acatar mandatos dos seus iguais.

Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo; e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida que aquelas teñen que soportar.

Denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria. E clama contra o silencio que todo o envolve.

Muller. Filla de nai solteira. E de pai cura. Escritora. E poeta. Galega de pensamento libre. Libre coma os paxaros.

Chámase María Rosalía Rita de Castro.

Só con reservas

Á obra só se poderá acudir con reserva de localidades a través da páxina web do Concello de Rianxo ou no teléfono 981 100 688, do 17 ao 23 de abril, de 9:00 a 13:30, en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, teléfono e se as persoas que formalizan a reserva viven baixo o mesmo teito. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.