En Outes o Concello repartirá 175 composteiros entre as familias

19 Abril 2021

O Concello de Outes puxo en marcha unha nova iniciativa para promover a sustentabilidade dende os fogares locais en materia de residuos e o aproveitamento dos mesmos (os chamados orgánicos). Trátase dunha nova campaña a prol da compostaxe que se vai materializar na distribución, entre os domicilios do termo municipal, de ata 175 composteiros.

O prazo de solicitude para que as veciñas e veciños poidan contar cun contedor de lixo orgánico está xa aberto. A entrega realizarase durante as xornadas informativas que terán lugar en xuño-xullo.

Pódese facer chamando de balde ao ☎662 52 36 14 ou enviando un correo electrónico a alba.quintela@outes.gal, indicando nome e apelidos, enderezo da vivenda onde se vai colocar o composteiro e un teléfono de contacto.

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.