En Lousame a totalidade das parroquias contarán con depósitos para aceite usado

28 Abril 2021
Depósito de aceite usado recentemente instalado na Pobra do Caramiñal

O Concello de Lousame está a habilitar depósitos de aceite usado en todas as parroquias do municipio. A instalación comezou esta semana, sendo a previsión que nun prazo de tres semanas estean todos a disposición das veciñas e veciños. Trátase dunha iniciativa abeirada ao proxecto de reciclaxe e impulso da reutilización de residuos que abandeira o Executivo local.

O concelleiro de Medio Ambiente, Ramón Martínez, explicou que “a media de aceite usado por habitante ao ano é de 5 quilos, polo que é moi importante promover un bo uso destes novos colectores, que supoñen un investimento municipal necesario para mellorar as cotas de reciclaxe do concello”.

Segundo fixo saber, os depósitos “son só para aceite embotellado, polo que non se pode verter aceite a granel”. Tamén explicou que “para facilitar a súa reciclaxe os usuarios e usuarias deben empregar un envase de plástico de uso doméstico, nunca de vidro e non acompañar as botellas con bolsas de plástico”.

Igualmente, informou de que a práctica da reciclaxe de aceite, amais de ser sustentábel e rendíbel economicamente, é beneficiosa para o medio ambiente, xa que contribúe a paliar a prexudicial costume de botar o aceite polo vertedoiro ou o inodoro: “O aceite usado ten un alto poder de contaminación, xa que un litro pode contaminar ata 1000 litros de auga. Cando estes aceites usados terminan nas plantas de tratamento de augas residuais son moi difíciles de eliminar, e no intre en que aparecen no medio natural ocasionan a contaminación dos terreos acuíferos e provocan danos na fauna e na flora destes espazos”, engadiu Ramón Martínez.

O tratamento deste residuo permitirá transformalo en biodiésel, que é un carburante ecolóxico que non xera emisións e que, por tanto, non deixa pegada de carbono.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Peridis en Redondela”. Alberto Barciela

“Peridis en Redondela”. Alberto Barciela

“Intentar definir el humorismo, es como pretender atravesar una mariposa, usando a manera de alfiler un poste telegráfico”. Así lo decía Enrique Jardiel Poncela, dramaturgo y novelista español, que a veces sabía muy bien lo que no quería saber. Es, diría yo, como...

“Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia” – Manuel Domínguez

“Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia” – Manuel Domínguez

Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia. Hoy en día no hay razón ninguna, en absoluto para escribir de esta forma tan cruel, que hiere los ojos. Todos los bares tienen prensa gratuita, al momento de tomar un café, cuando se leen las noticias deportivas, prestar un poco...