En Galicia falece unha persoa o que eleva a 2.386 as víctimas da pandemia. No Barbanza sigue mañá a vacinación

28 Abril 2021

Un home de 81 anos diagnosticado con covid-19 que se atopaba hospitalizado en Vigo morreu nas últimas horas, segundo infoirmou o SERGAS. Con esta, son xa 2.386 as persoas falecidas en Galicia relacionadas coa pandemia de covid-19. O home, de 81 anos de idade, permanecía ingresado no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e presentaba patoloxías previas.

Por outra banda continúa a vacinación fronte á Covid-19 na Área de Santiago de Compostela e Barbanza, con máis de 5.700 vacinas mañá xoves en: Hospital de Barbanza: 250 (de 70 a 79 anos); Cidade da Cultura: Unhas 3.500 (60 a 65 anos, e de 70 a 79 anos); Hospital Clínico: 550 (maioritariamente a persoas de máis de 80 anos) e Hospital de Conxo: 400 (de 80 ou mais anos)
En todos os centros de saúde e nos domicilios preto de 1.000 a maiores de 80 anos. Na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza lévanse administradas 168.692 vacinas fronte á Covid-19 ata onte 27 de abril.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.