En Boiro, Concello e sector turístico comezan a traballar arreo na recuperación do sector

13 Abril 2021

O concelleiro de Turismo, Raúl Treus, mantivo este 12 de abril unha xuntanza telemática con responsábeis dos aloxamentos turísticos locais para preparar o traballo conxunto da revitalización do sector nesta tempada primavera-verán e sentar os alicerces de vindeiras colaboracións en materia turística. Na xuntanza estivo presente tamén o persoal técnico do departamento de turismo.

A sesión foi a primeira toma de contacto entre os propietarios e xerentes dos diferentes establecementos turísticos do termo municipal (pensións, hoteis, establecementos de turismo rural, cámpings). O responsábel municipal expuxo as directrices de traballo para futuro e as liñas de traballo que se van implementar, “que pasan por potenciar un turismo de calidade, sustentábel e dixital”, indicou.

O persoal técnico do departamento presentou tamén algúns dos proxectos nos que se está a traballar dende o Concello, para adaptar as iniciativas de promoción turística ás restricións actuais derivadas da situación sanitaria.

Os responsábeis dos establecementos expuxeron tamén as inquedanzas e necesidades do sector neste momento.

As dúas partes, Concello e empresas, acordaron manter o contacto e determinar liñas de traballo conxuntas polo impulso do turismo de calidade no municipio e a recuperación económica do sector.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.