Detido un veciño de Rianxo por subtraer o bolso a mulleres maiores

09 Abril 2021


A Garda Civil detivo a un home veciño do municipio coruñés de Rianxo como presunto autor de cinco delitos de roubo –por subtraer o bolso a mulleres maiores– e dúas de furto no marco da denominada ‘Operación Labras’.

Esta operación iniciouse por mor da comisión de varios roubos con violencia ocorridos en datas recentes na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal, os cales “xeraron gran alarma social entre a poboación”, destacou.

O indiviudo seleccionaba á vítima que eran sempre mulleres de avanzada idade, ás que arrebataba o bolso co obxectivo de apoderarse do diñeiro que houbese no seu interior. Nalgún dos casos provocou a caída da vítima, a cal precisou asistencia médica debido ás lesións causadas na caída.

No transcurso da investigación os axentes solicitaron información que vinculaba ao detido co furto no interior dunha vivenda da cal subtraeu varios obxectos valorados en máis de 3.000 euros, así como coa comisión dun furto no interior dun vehículo ocorrido a pasada fin de semana nesta localidade.

Unha vez realizouse a identificación plena do autor dos ilícitos, a Garda Civil procedeu á súa detención como presunto autor de cinco delitos roubo con violencia e dous delitos de furto. Ademais, recuperou parte dos obxectos subtraídos na vivenda e o vehículo, os cales foron reintegrados aos seus propietarios.

O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución número 3 de Ribeira, que decretou o seu ingreso en prisión sen fianza.

Outros artigos

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.