Comezan os traballos para acondicionar a praia dos Areos, na Pobra

15 Abril 2021

Na mañá deste 15 abril comezaron os labores de acondicionamento da praia dos Areos, na Pobra, os cales terán continuidade este venres 16. Segundo explica a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), trátase dunha actuación “moi necesaria” debido a que as mareas e os temporais fan que a area se acumule na zona máis próxima ó porto, polo cal se produce unha descompensación respecto ó resto do areal.

A dita intervención conta coa autorización de Costas e, segundo informou a edil, “consiste na redistribución do sedimento ó longo da área supramareal da praia coa finalidade de acondicionala para a tempada estival e tamén eliminar os problemas que se estaban a producir nos días de temporal cando a area chegaba a acumularse no paseo que discorre pola contorna”.

A empresa que está a realizar estes traballos é Tragsa, mediante un contrato de prestación de servizos por un importe de 11 888’14 euros, IVE incluído, con cargo ó orzamento municipal.

O Concello fixo saber que “debido a estas tarefas, tanto hoxe coma mañá está prohibido aparcar na rampla do recheo, ademais de que se pode producir algún corte puntual do tráfico na estrada paralela ós Areos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.