Cinco novas rúas en Ribeira e Aguiño súmanse á peonalización

08 Abril 2021

Este 7 abril reunise a mesa da peonalización de Ribeira, presidida polo alcalde Manuel Ruíz, co fin de analizar diversos asuntos relacionados coa mellora da mobilidade no municipio. Así, aprobouse que cinco rúas e tramos de rúa situadas nas localidades de Ribeira e Aguiño adquirirán carácter peonil ou semipeonil.

En primeiro lugar atópanse as que se lles conferirá carácter peonil. Por un lado está a rúa Mendiño, situada xunto á praza de España de Ribeira, así como o final da rúa Franciso Lorenzo Mariño en Aguiño, no tramo que descorre pola parte posterior da Casa do Mar.

Tamén se acordaron as vías que adquirirán un carácter semipeonil, que prioriza o tránsito dos viandantes pero permitindo a circulación de vehículos a unha velocidade reducida. A rúa Romero Ortiz e a parte superior de Rosalía de Castro ata a rotonda da Serea serán os treitos situados en Ribeira que pasarán a ser de carácter semipeonil. Ademais, a rúa Castelao en Aguiño tamén se lle aplicará esta condición.

A reunión tamén serviu para anunciar que o rescate da concesión do estacionamento do Centenario por parte do Concello está á espera da firma do acordo. Tamén se determinou que a rúa da Cruz e a rúa das Américas de Aguiño pasarán a ser de dirección única co fin de aumentar a fluidez do tráfico e crear prazas de aparcamento. Mentres tanto, un tramo de Pinisqueira e Luis Pimentel permitirá o dobre carril.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.