Castiñeiras acolle esta finde unha regata organizada polo Club Catro Ventos

15 Abril 2021

A regata clasificatoria para o Circuíto Galego das clases de Fórmula Windsurfing, Techno 293, RaceBoard e Fórmula Foil terá lugar este fin de semana na praia de Castro, en Ribeira. O acontecemento está organizado polo Club Windsurf Catro Ventos, a Real Federación Galega de Vela e a Secretaría Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego, en colaboración co Concello de Ribeira.

Segundo o presidente do club de vela, Juan Parada, “a día de hoxe o certame conta con 27 inscritos aínda que non se descarta que se anote algún máis”. As probas desenvolveranse no formato clásico: de barlovento a sotavento. Así, a primeira realizarase o sábado ás 14:00 horas, mentres que o domingo farase ás 10:00 horas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

Hoxe, de mañanciña, púxenme a rezar o Oficio Divino, correspondente a este día: o da Festa da Exaltación da Santa Cruz. Dediqueille un pouco de tempo a reflectir sobre os textos bíblicos da serpente de bronce que ergueu Moisés no deserto para curar aos magoados que a...

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

Setembro despide a xente que xa non cruzará connosco polas mesmas rúas. Algúns marchan a outras encomendas noutras partes do mundo e outros, no traballo de erosión que ten o tempo, alónxanse de nós cara aos seus portos particulares, arredados das mesmas augas nas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.