Boiro Emerxe busca dar a coñecer o talento creativo da mocidade boirense

07 Abril 2021

O Concello de Boiro, a través da área de mocidade, organiza un faladoiro de conversas inspiradoras coa mocidade do municipio e que teñen como obxectivo dar a coñecer o potencial creativo da mocidade boirense. Na presentación estiveron o alcalde, José Ramón Romero, e o técnico, Alberto García e as persoas que están levando a cabo o proxecto na OMIX, Mara Iglesias e Patricia Giao.
Boiro Emerxe e unha actividade organizada pola Oficina Municipal de Información a Xuventude (OMIX) de Boiro e que busca dar a coñecer os proxectos e traballo de xente moza de Boiro. O evento vai ter lugar o vindeiro 16 de abril, ás 20.00 horas, no espazo Leñaverde do Centro Social de Boiro, e vai consistir nunha presentación breve dos proxectos de cada un dos participantes e unha mesa de debate co obxectivo de dar visibilidade ao talento xoven que hai no municipio.
Na xornada van participar Charo Lópes, escritora e fotografa con múltiples premios e recoñecementos; Triangulo de Amor Bizarro, un grupo profesional de musica alternativa que ora a nivel mundial e ten residencia en Abanqueiro; Comoxo organics, un proxecto de produción primaria no rural conectada con aplicacións de traballo a nivel europeo; Ola Xon Mario, youtubeiro de Boiro; Charlatana, cooperativa galega de artistas de Boiro.
A capacidade do espazo está limitada a 30 persoas e, para inscribirse hai que facelo enviando un mail ao enderezo electrónico centrosocial@boiro.org

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.