Boiro convoca un proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de animador/a sociocultural

26 Abril 2021

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección
dunha lista laboral temporal de animadores/as socioculturais. O número
máximo de integrantes da lista será de 20 e o sistema de acceso vai ser
mediante concurso-oposición libre. O prazo de presentación de solicitudes abremañá e será de cinco días hábiles.
As persoas interesadas deben estar en posesión do título de Técnico
Superior en Animación Sociocultural ou equivalente. O proceso selectivo
constará dunha primeira fase de oposición que consta de tres exercicios de carácter obrigatorio: unha proba de coñecemento teóricos no campo de animación cultural; unha proba de comprobación de coñecementos prácticos; e unha proba de coñecemento da lingua galega. Para a fase de concurso
valorarase a experiencia profesional e a formación específica superior en materia de xestión cultural, animación sociocultural e/ou desenvolvemento comunitario.
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio da convocatoria e bases, polo que o prazo de presentación de solicitudes abre mañá e será de cinco días hábiles. As solicitudes e a documentación requirida deben entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da Sede Electrónica. As bases da convocatoria e toda a información sobre o proceso están a disposición das persoas interesadas na web municipal ( www.boiro.gal )

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.