“Boas espectativas para a campaña da sardiña este ano”. Antón Luaces

17 Abril 2021

O novo plan de xestión da sardiña ibérica para o período 2020-2026, incorpora unha nova regla de explotación que, de xeito paulatino, permitiría o incremento das capturas autorizadas este ano. Os niveis de biomasa que se vaian identificando, serán os indicadores para que esas capturas varíen substancialmente a respecto das permitidas nos últimos anos.
Este asunto centrou o interese do encontro celebrado por videoconferencia este venres entre a secretaria de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e representantes do sector pesqueiro.A pesqueira da sardiña quedará aberta, como é tradición, o vindeiro 1 de maio cunha cantidade provisoria e limitada de capturas para a frota española. Esta cantidade poderá ser revisada a partir de xuño, cando o Consello Internacional de Exploración do Mar (ICES, polas súas siglas en inglés) se pronuncie sobre o novo plan de xestión que España e Portugal xa remitiron á Comisión Europea.Os informes emanados das campañas científicas de avaliación levadas a cabo reflicten que existen claras evidencias de recuperación, circunstancia esta que agora pode permitir a correción á alza do número de capturas autorizadas.O obxectivo do novo plan de xestión da sardiña é asegurar un progreso que permita a plena recuperación da poboación de sardiña ibérica e o conseguinte incremento das cotas para a pesqueira deste ano.España e Portugal presentaron recentemente este novo plan de xestión á Comisión Europea que, á súa vez, o reenviou ao ICES para que o avalíe co enfoque do principio precautorio. Nas vindeiras semanas vai coñecerse a avaliación do ICES que, segundo sexa esta, permitiría que o plan teña xa aplicación na presente campaña.O propio sector anunciara na costeira anterior a existencia de signos que agoiraban unha abundancia de sardiña que agora corroboran os científicos, o que debería dar a primeira mostra de confianza na bondade da pesqueira de sardiña deste ano 2021.  O sector estractivo ten moi merecida unha nova deste calibre e que a mesma se traduza, dunha vez, nun reparto xusto das cotas que correspondan a España e que a secretaría xeral de Pesca do Ministerio debera repartir consecuentemente coa frota, os tripulantes e a capacidade da mesma.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.