As persoas maiores de Boiro convértense en guías turísticas dos tesouros do concello

26 Abril 2021

O Concello de Boiro, a través do departamento de Turismo, quere dar a coñecer o territorio, a historia e a cultura do termo municipal a través das persoas que máis e mellor o territorio, a historia e a cultura de Boiro: as persoas maiores do concello. Con este motivo, impulsou unha nova edición de Paséate con nós, o programa de visitas guiadas desenvolvidas por persoas xubiladas do municipio.

O Goberno local confirmou que para promover esta iniciativa, posta en marcha en 2006 co obxectivo de mobilizar a participación das persoas maiores no desenvolvemento turístico de Boiro, realizáronse unha serie de vídeos promocionais. Trátase dunha serie de reclamos nos que un grupo de persoas voluntarias descobren aos visitantes atractivos locais como poden ser o marisqueo, o cultivo de mexillón a elaboración de nasas, o traballo nun estaleiro ou o funcionamento dun muíño de río.

As persoas que participan nesta actividade e que estiveron na presentación dos vídeos Leopoldo Fernández, Enrique Vázquez, Marisa Rodríguez e Nita. O concelleiro de Turismo, Raúl Treus, agradeceu a labor desinteresada que levan facendo durante estes 15 anos. “O obxectivo destes vídeos promocionais é chegar máis alá con esta iniciativa e que calquera poda coñecer o labor desinteresado que fan estas persoas e aprender dos seus coñecementos sobre cada oficio”, afirmou.

Toda a información sobre o programa na Oficina de Turismo do Concello de Boiro.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.