Arrincan en Ribeira os traballos para a renovación de beiras entre o Caramecheiro e a praza dos Estudantes

19 Abril 2021

O Concello de Ribeira informa do inicio das obras encamiñadas á renovación de servizos e pavimentado na avenida da Coruña no seu tramo entre a rúa Caramecheiro e a praza dos Estudantes. Estes traballos buscan dar continuidade á reforma integral das beirarrúas desta vía, “unha das principais portas de entrada e saída da cidade ribeirense”, explicou o Concello, que lembra que as tarefas están a ser desenvolvidas por Barnacle Obras y Servicios, S.L..

Conforme ao proxecto elaborado polos técnicos municipais, a actuación inclúe a renovación das beirarrúas en ambas marxes da calzada (448 na esquerda e 404 metros na dereita, é dicir, na lindeira coa beira do mar). A tal efecto colocarase baldosa de formigón de cores gris escura e branca en sintonía coas fases anteriores. En todo o itinerario se mellorará a accesibilidade.

Así mesmo, serán renovados tanto a rede de pluviais como as de saneamento e auga potábel. Para as augas pluviais disporanse tubaxes corrugadas de PVC de 315 milímetros de diámetro en ambos marxes (de 428 metros na esquerda e 247 metros na dereita). Para o saneamento, colectores de PVC compacto de idénticas lonxitudes. E en canto ao abastecemento de auga, tubaxes de PVC de alta densidade de 160 milímetros con longos de 430 metros na marxe esquerda e 160 na dereita.

A actuación comporta un investimento de 225.429 euros. Adscríbese ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.