Acórdase o contrato do novo Auditorio de Ribeira co fin de facelo realidade no primeiro verán pospandemia

27 Abril 2021

O salón de plenos do consistorio ribeirense foi testemuña esta mañá da firma do contrato do novo Auditorio Municipal. A infraestrutura será executada pola UTE formada pola Xestión Ambiental de Contratas, S.L., e Prace Servicios y Obras, S.A., cun prazo de execución de 15 meses e un investimento de 3.977.964,69 euros.
O alcalde Manuel Ruiz e Fernando Guillermo Iturralde García-Diego en representación da citada unión de empresas foron os encargados de facer oficial o acordo. “No primeiro verán pospandemia poidamos inaugurar esta infraestrutura” , declarou o alcalde ribeirense.
O proxecto non só será cun expoñente da nova arquitectura en Ribeira senón que leva aparellado unha transformación urbana na zona onde se vai a ubicar, especialmente na praza do Centenario. Así, o novo Auditorio deseñouse co fin de ser un centro xerador de actividade propia de Ribeira, así como as súas dimensión o sitúan dentro dos Auditorio de gran formato de Galicia.
O Auditorio ofrecerá 4 ámbitos de actuación escénica: a Sala Principal do Auditorio, a Sala Polivalente, a aula de Ensaios e o Vestíbulo. O edificio estará composto de dúas plantas sobre rasante, unha planta semisoto e un soto. Doutra banda, a infraestrutura preséntase como dous grandes volumes que se relacionan a través dun gran baleiro e
o vestíbulo.
Antonio Pons Canellas, Anna Gorrochategui Matas e Bernat Pons Vidal son os arquitectos que, baixo o título Choiva, pedra e cristal, redactaron o proxecto do novo Auditorio de Ribeira.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.