“A Xunta quere que se reforme a Lei de Cambio Climático”. Antón Luaces

20 Abril 2021

Polémica lei a de Cambio Climático e Transición Enerxética, aprobada polo Congreso dos Deputados co voto contrario de VOX e á que a Xunta de Galicia presenta cara polos previsibles prexuizos  derivados da súa aplicación para, en concreto, o sector conserveiro desta comunidade autónoma.
O texto da Ley prexudica a Galicia e a varios sectores, entre outros -segundo a Xunta- ao conserveiro, necesitado como está de seguridade xurídica sobre a duración das súas concesións e, dito nunha recente intervención por Rosa Quintana, conselleira do Mar, se ese sector carece de tal seguridade, “retrotráese, non fai investimentos e non avanza”.A ninguén se lle oculta a importancia económica e social que o sector conserveiro ten en territorio galego, cunha ampla presenza nacional e internacional dos seus produtos como é ben sabido altamente coñecidos e demandados malia a forte competencia que presentan algúns países asiáticos.Na redacción primixenia desta polémica Ley de Cambio Climático inclúense artigos -en concreto o 18- que limita a duración das prórrogas outorgadas ás concesións de determinadas actividades na zona de dominio público marítimo, aspecto que xera inseguridade xurídica . Por este motivo a Xunta non desbota o recurso da devandita Lei no Tribunal Constitucional. A asesoría xurídica do goberno galego e o Consello Consultivo coidan que ese artigo 18 é anticonstitucional, polo que o recurso semella ser o camiño máis axeitado, aínda que tamén é certo que se agardan modificacións na exposición definitiva que poideran conducir a unha entente  que dea viabilidade a esa Lei, sen tachas por parte da Comunidade Autónoma galega.Para a adaptación ás consecuencias do cambio climático, o Goberno central deberá aprobar, cada cinco anos, un plan de adaptación ao cambio climático que incluirá, entre outras cuestións, a identificación e avaliación de impactos previsibles e riscos para distintos escenarios posibles e, asimesmo, avaliar a vulnerabilidade dos sistemas naturais, dos territorios, das poboacións e dos sectores socioeconómicos, así como por en marcha cada quinquenio “informes sobre risco climático”.Amaís de todo o sinalado, a Lei inclúe ese artigo 18 que suporía -como xa queda dito- limitar a duración das prórrogas acadadas polas concesións para actividades que se desenvolven na zona de dominio público marítimo, o que crea unha importante polémica en Galicia. A Xunta defende que varias industrias  que operan grazas a estas concesións van verse afectadas. En calquera caso,  no ben entendido de que, froito das negociacións, se produza algún cambio substancial na redacción definitiva do devandito artigo 18 que, á súa vez, modifique a resposta da Xunta.Por se todo o exposto non fose dabondo e no marco do cambio climático ca esposto, a Unión Europea da pulo, como xa é coñecido, a aplicación de medidas para o control a bordo dos barcos de pesca como é a instalación de cámaras de videovixilancia, que a Consellería do Mar, ao igual que o sector pesqueiro, rexeitan.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.