A Xunta achegou 28.000 euros para a colocación dunha pérgola no parque de Labarta, en Noia

30 Abril 2021

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, estivo este venres 30 de abril en Noia para comprobar o resultado das obras de melloras levada a cabo no parque infantil de Labarta, ás que o Goberno galego achega preto de 28.000 euros.

Segundo indicou a directora xeral, o Concello solicitou esta axuda co obxectivo prioritario de “continuar prestando os debidos servizos aos cidadáns en condicións de calidade que satisfagan as súas necesidades”. Segundo lle transmitiu no seu día o Goberno local, o parque da zona de Labarta é un dos que rexistra máis afluencia de nenos e nenas, polo que se tomou a decisión de solicitar unha axuda para a colocación dunha pérgola metálica cuberta que ampare das condicións metereolóxicas a contorna de xogos do parque infantil.

Prieto lembrou que o Concello de Noia nos últimos once anos ten recibido axudas da Vicepresidencia cun importe de máis de 770.000 euros destinados a proxectos beneficiarios da Orde de Infraestruturas, do Fondo de Compensación Ambiental, ademais da adquisición de vehículo de emerxencias e melloras no Consistorio.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.