A rehabilitación do Pazo de Goiáns podería estar lista para comezos do verán

19 Abril 2021

O Concello de Boiro celebrou unha nova sesión da Comisión de Avaliación e Planificación do futuro do Pazo de Goiáns o pasado venres. Ao acto acudiron expertos en diversas materias, como o arquitectónico, o paisaxístico, o turístico, o cultural ou o medioambiental, co fin de comezar a traballar nos posibles usos do inmoble unha vez rematadas as obras.

Na xuntanza, presidida polo alcalde, José Ramón Romero, os expertos expuxeron as súas propostas para a planificación dos futuros usos do Pazo. Ademais, as persoas que conforman a comisión tiveron oportunidade de visitar as obras de restauración do inmóbel e coñecer de primeira man o seu estado de execución.

Neste momento estase a traballar no interior do establecemento coa colocación da iluminación LED e da madeira. Mais, segundo o alcalde “o remate da obra de rehabilitación do Pazo de Goiáns está previsto para comezos do verán”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.