A Pobra xa esta con restricións e peche perimetral pola COVID-19

07 Abril 2021

O peche perimetral e da hostalería na Pobra entrou en vigor esta medianoite adiantando unha xornada as medidas restritivas por entrar no nivel de máxima alerta por covid, despois de que se disparasen os casos ata 35 positivos nos últimos 14 días.

Desde as cero horas do xoves está prohibido entrar ou saír do municipio pobrense sen motivo xustificado, só poderase mover por motivos laborais, educativos ou sanitarios.

A decisión de adiantar esta medida débese a que, como a semana pasada non se publicou o DOG e había moitos concellos que melloraran a súa evolución, para poder relaxar as restricións.

Os locais hostaleiros pecharán as súas portas e só poderase recoller comida para levar ou servir a domicilio. Non están permitidas as reunións de non conviventes. O conselleiro de Sanidade destacou que, aínda que a incidencia acumulada a 14 días non superou os 500 casos por cada 100.000 habitantes, tómase como referencia este indicador a sete días co obxectivo de anticiparse e controlar a posible expansión do virus. O responsable sanitario invitou á poboación a participarnos cribados que se están a facer para lograr controlar os brotes canto antes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.