A Marea de Noia di que o Goberno noiés non ofrece servizos deportivos de xeito directo

13 Abril 2021

A Marea Cidadá de Noia emitiu un comunicado no que sinala que “ao longo dos últimos anos, o Concello de Noia amosouse incapaz de ofrecer servizos deportivos de xeito directo”, malia ser o deporte e o seu fomento unha competencia municipal cunha importancia substantiva no eido da saúde pública. Por iso, dende a formación cidadá denuncian que “a única vía que atopou o Goberno de Santiago Freire para fomentar o deporte foi a das axudas nominativas a clubs deportivos”.

Doutra banda, sinalan que “as axudas nominativas veñen xerando importantes debates no seo da Corporación municipal, xa que foron reiterados os acordos entre as distintas forzas municipais que sinalaban a necesidade de establecer criterios de concorrencia competitiva para acceder as axudas públicas”.

Para a plataforma, a última proba de “desinterese” tería chegado coa cancelación do Campionato de Tríatlon: “O Concello cancelou recentemente este evento sen ter ofrecido ningunha alternativa”, explican, engadindo que “dende a Marea Cidadá de Noia seguiremos insistindo na necesidade de ampliar o traballo do Concello no referente ó

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.